Sarria

Programa Educando sen Fronteiras

Progama Educando sen Fronteiras

 

Servizo de educación e apoio familiar, integrado nos servizos sociais comunitarios. Ten entre os seus obxectivos detectar, previr e superar situacións de dificultade, en especial as situacións temporais de desprotección infantil, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

 

Trátase dun recurso de protección, dirixido a atender situacións de risco na infancia e na adolescencia e mellorar o benestar das familias dende unha perspectiva preventiva e integradora a través do acompañamento socioeducativo e unha intervención multidisciplinar.

 

Este programa está cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 dentro da liña "Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social"
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma