Desde 22 Agosto 10:00
hasta 22 Agosto 21:00
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
No seguinte enlace encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar, xa que cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental: ados.sergas.gal
Tamén pode chamar aos números de teléfono +34 881 546 900 · 900 100 828 ou escribir un mail a promocion.ados@sergas.gal