Desde 21 Marzo 2024 12:00
hasta 21 Marzo 2024 13:30
Os centros educativos da Comarca de Sarria reúnense de novo na Praza da Vila para festexar en comunión o Día da Poesía 2024, este ano por primeira vez baixo o nome Eduardo Rey Moure en recordo, homenaxe e recoñecemento á persoa que fixo posible e realidade esta xuntanza anual de poetas no centro do noso pobo.
O centro organizador, o IES Gregorio Fernández, onde Eduardo impartía clase e desde donde Eduardo dinamizaba a cultura, decidiu que a temática deste ano será a da amizade, un valor que Eduardo representaba exemplarmente.
No adxunto podedes descargar os marcapáxinas feitos para conmemorar este bonito día.