Sarria

Feiras, festas e eventos

Escola Oficial de Idiomas Sección Sarria. Aberto o prazo de matrícula.

Desde 17 Agosto 18:22 hasta 20 Septiembre 23:00
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Etiquetas: educación, idiomas
Hits: 94

Durante todo e mes de agosto e ata o 20 de setembro, en tanto queden prazas vacantes, calquera persoa interesada pódese matricular para practicar, aprender e socializar en inglés na Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas no curso 2024-25. O comezo dos cursos será a partir da segunda semana de setembro nas dependencias do IES Gregorio Fernández, en Sarria.
Na Extensión de Sarria pódense cursar dende o nivel básico (A1-A2) ata o 1º curso de avanzado (C1.1), pasando por todos os cursos de nivel intermedio: B1, B2.1 e B2.2. 
Este ano ofértase B1 tamén en modalidade semipresencial (unha única sesión presencial por semana e o resto do traballo en liña). 
Outra importante novidade no curso 2024-25 son os cursos monográficos (obradoiros prácticos de destrezas orais) de nivel intermedio e de nivel avanzado, sen exames e pensados para quen partindo dun certo nivel de competencia (B1 ou B2) busca practicar para mellorar as súas destrezas orais: comprender e falar, mediante actividades de escoita e conversa sobre unha variedade de temas de interese (sociedade, tecnoloxía, educación, traballo, viaxes, tempo libre, saúde, terapias e coidados, relacións persoais, alimentación, novas tendencias, medio ambiente, artes e culturas...)
Todas as matrículas realízanse a través de Internet sen necesidade de desprazamentos. Durante o mes de agosto pódese contactar coa oficina administrativa da Escola de luns a venres de 10:00 a 13:00 para resolver calquera dúbida no teléfono 982 829 230. Tamén no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
 A partir do 2 de setembro poderase contactar coa xefatura de estudos adxunta en Sarria no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Na páxina web da EOI de Lugo atópanse a información e as ligazóns para matricularse directamentehttps://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/
Aquí pódese consultar a oferta de grupos e horarios nos que aínda temos prazas en Sarria: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/taxonomy/term/11 

O inglés é a ferramenta clave para comunicarse, viaxar, aprender e progresar no mundo de hoxe.

 


SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma