Sarria

Programa Sarria Concilia. Ludoteca infantil de verán "Viaxe no tempo"

O Concello de Sarria pon en marcha o programa de conciliación “Viaxe no tempo”. Unha ludoteca de lecer e tempo libre infantil dirixida preferentemente aos fillos e fillas das familias traballadoras, nados entre os anos 2017 e 2019 ambos inclusive.

O obxectivo é favorecer durante os meses de verán a conciliación da vida familiar e laboral ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral das e dos menores participantes a través dunha programación que combina o xogo coas actividades creativas, culturais e o coñecemento do entorno próximo. Unha pedagoxía do lecer, baseada na educación en igualdade e na procura de actividades de proveito e saudables para a pobación de educación infantil.


A ludoteca divídese en catro quendas:

  • Primeira quincena de xullo: do 3 ao 15
  • Segunda quincena de xullo: do 16 ao 30
  • Primeira quincena de agosto: do 1 ao 15.
  • Segunda quincena de agosto: do 16 ao 31

Poderanse solicitar as catro quendas pero darase preferencia a que tódolos/as solicitantes que cumpran os requisitos establecidos teñan concedido alomenos unha.


O horario será de 07:30 a 15:30 horas coa posibilidade de flexibilizar a hora de entrada e saída segundo necesidades particulares:

  • Servizo madrugadores: 07:30h-09:30h
  • Ludoteca infantil “Viaxe no tempo”: 09:30h-14:00h
  • Tardes na escola (servizo de friameira, garda e custodia): 14:00h-15:30h

Prazos:

  • Solicitude de praza/s: do 15 ao 19 de xuño, ambos incluídos. De quedaren prazas libres, poderanse apuntar unha vez finalizado o prazo.
  • Publicación provisional da listaxe de solicitudes admitidas: 21 de xuño
  • Emenda de faltas ou presentación do documentación preceptiva: do 22 ao 26 de xuño
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 27 de xuño
  • Prazo do pagamento: desde a publicación da listaxe definitiva ata o 3 de xullo (inicio da ludoteca)

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language