Sarria

Punto limpo

 

Punto Limpo é o lugar de recepción e depósito de residuos domésticos que necesitan un proceso especial de recollida e tratamento.

Este servizo é totalmente gratuito para particulares.

 

 

Horario Punto Limpo:

  • Luns e mércores de 9:00h a 15:00h.
  • Martes e xoves de 15:00h a 21:00h.

Lugar: POL. IND. DO MORELLE

Temos un servizo municipal de recollida a domicilio de residuos *voluminosos que se realiza porta a porta dúas veces ao mes.
Para solicitar o servizo chamar ao teléfono 982 53 50 00 indicando dirección de recollida e tipo de residuo.

Os residuos admisibles no punto limpo clasifícanse seguindo a seguinte relación:

Banais: Vidro, papel, cartón

Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable...

Plásticos, Madeira

*Voluminosos: Electrodomésticos, mobles, colchóns, somieres, caixas, marcos e portas

Tóxicos e perigosos: Aceites de motor, aceite vexetal, lámpadas de vapor de sodio, mercurio..., baterías de automóbil, pilas, radiografías, tubos fluorescentes

Residuos NON Admisibles: Lixos domésticos, pneumáticos, recipientes voluminosos metálicos ou plásticos maiores de 25 litros que contivesen produtos tóxicos ou perigosos, medicamentos, residuos infecciosos, residuos radioactivos, residuos de pinturas, disolventes...

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language