Sarria avanza cara á un futuro máis sostible
O Concello lanza dúas iniciativas para mellorar a xestión dos residuos orgánicos:
1️ª Compostaxe doméstica: Se dispós dun terreo, podes transformar os teus restos orgánicos en compost de calidade. Recibirás composteiro e aireador de balde!
2ª Colector marrón: Para quen non poida compostar na casa, o colector marrón permitirá separar a materia orgánica na rúa. Ao inscribirte recibirás unha tarxeta de apertura, un caldeiro de 10 L e bolsas biodegradables.
Anótate en sarria.rsu.gal e contribúe a reducir a nosa pegada ecolóxica!
Grazas por facer de Sarria un lugar máis sostible!