Sarria

Proxecto compostaxe doméstico

Proxecto compostaxe doméstico

Este venres as 12:00, no Salón de Plenos, o Concello de Sarria reuniu ao tecido empresarial, en especial a hostalaría, para que coñeceran o proxecto de implantación do contedor marrón no noso municipio.

No contedor marrón só poderán depositarse restos orgánicos. O Concello de Sarria instalará nunha nunha primeira fase 10 colectores marróns nas rúas e entregará 100 caldeiros de 25 litros para cada hostaleiro para facilitar a recollida ademais dunha tarxeta para a apertura dos colectores. Faranse visitas porta por porta no núcleo urbano en cada negocio para resolver dúbidas e facilitar a implantación.

Nunha segunda fase o sistema chegará a toda a veciñanza do núcleo urbano coa instalación de mais colectores e a entrega porta por porta dun caldeiro de 10 litros, bolsas compostables e unha tarxeta de apertura.

A iniciativa, conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e coa cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

pdf

Proxecto compostaxe doméstico

Tamaño: 218.37 KB
Descargas : 143
Data: 2024-02-15

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language