Sarria

Programa "Educando sen Fronteiras"

Programa

O programa "Educando sen Fronteiras" promovido pola concelleira delegada das áreas de Políticas Sociais e Igualdade do Concello de Sarria contará cun educador social ao obter unha subvención ao amparo das convocatorias para  entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social  da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola UNión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.

As contías son  de 42.312,00€  para o ano 2024  e de 11.643,76 €  para o ano 2025, contías que non chegan para sufragar o custo do servizo. A diferenza será asumida polo Concello.

O posto de educador  social realizará a función  de mediación social, cultural e educativa, coa intención de facilitar as relacións interpersoais, minimizar as situacións de conflito e propiciar novos itinerarios para o desenvolvemento persoal, social e cultural, marcando como obxectivos a  integración e a convivencia, non só cos alumnos, senón tamén cos familiares e a súa contorna.

En concreto :

  • A detección e prevención de factores de risco que poidan derivar en situacións educativas desfavorables.
  • Detección de necesidades sociais e previr desaxustes socio-familiares que poidan afectar negativamente o proceso educativo do alumnado.
  • Promoción da Inclusión: garantir que todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, teñan igualdade de oportunidades.
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language