Realización dun mural artístico e Renovación do xardín vertical no Camiño Francés
Con data 09 de xullo de 2024 asinouse o Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os Concellos integrantes da Mancomunidade para actuacións de Mellora paisaxística e de promoción do Camiño Francés.
O dito convenio consta de dúas liñas de actuación:
Actuación 1- Mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Francés no seu paso polos citados concellos para prestar unha boa acollida aos/ás peregrinos/as.
Esta actuación será financiada pola Axencia de Turismo de Galicia por un importe de 38.000,00 € a cal se divide a súa vez en dúas actuacións:
- Actuación para a “Renovación e Rehabilitación do Xardín vertical na rúa Maior”
- Actuación para o Mural “Muller no rural “ en Vilei, en Santiago de Barbadelo.
Actuación 2.- Gastos de persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos polos que transcorre o Camiño Francés en Galicia por un importe de 8.000,00 €