Programa Educando sen Fronteiras
O programa “Educando sen Fronteiras” promovido pola Concelleira delegada da área de Políticas Sociais, Igualdade, Saúde e Emprego do Concello de Sarria contará coa figura profesional da Educación Social ao obter unha subvención ao amparo da convocatoria para entidades locais destinada a programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
As contías son de 44.520,48€ para o ano 2026 e de 18.558,83€ para o ano 2027, contías que non chegan para sufragar o custo do servizo. A diferenza será asumida polo Concello.
A figura da Educadora Social realizará a función de mediación social, cultural e educativa, coa intención de facilitar as relación interpersoais, minimizar as situacións de conflito e propiciar novos itinerarios para o desenvolvemento persoal, social e cultural, marcando como obxectivos a integración e a convivencia, non só co alumnado, senón tamén coas súas familias e a súa contorna.
En concreto:
- A detección e prevención de factores de risco que poidan derivar en situacións educativas desfavorables.
- Detección de necesidades sociais co obxecto de previr desaxustes socio-familiares que poidan afectar negativamente ao proceso educativo do alumnado.
- Promoción da Inclusión: garantir que todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, teñan igualdade de oportunidades.

