Sarria

Actividades CIM

Centro de información á Muller

Cartel do documental Mulleres de Sarria

Documental Mulleres de Sarria

O documental Mulleres de Sarria promovido pola Concellería da Muller, Igualdade e Integración, é un proxecto realizado para visibilizar a mulleres de Sarria de distintos ámbitos, en diferentes etapas da vida. Nel abórdanse as súas vivencias e convérsase sobre igualdade. O vídeo protagonizado por Milagros Vázquez Seijas (xubilada), María Pilar García Piñeiro (empresaria de panadería), Rosario Rey Lago (Técnica de Emerxencias Sanitarias), Teresa González Casas (gandeira e funcionaria), Carmen José López Rodríguez (avogada) e Belén Jiménez Vargas (estudante), abarca as súas vidas; cóntannos o seu punto de vista sobre os avances en igualdade con respecto ás xeracións anteriores e expoñen as contas que aínda temos pendentes en materia de igualdade de xénero.

O documental é unha ferramenta educativa que nos convida a reflexionar e afondar na igualdade de xénero dende o punto de vista de mulleres sarriás. Mulleres reais que falan dos retos en igualdade que aínda nos quedan por acadar.

Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Realizado: por Coeduc@ Consultoría de coeducación.

https://youtu.be/JUY7zOlMBIo

 

Áreas

 Áreas

Xurídica

Dende o departamento xurídico asesorámoste nas seguintes materias:

Dereito de familia: matrimonio e os seus efectos esponsais, réximes patrimoniais, nulidade matrimonial, a regulación das parellas de feito, separación, divorcio, filiación e adopción, patria potestade, autoridade parenteral, garda, tutela, curadoría, estado civil, dereito de alimentos, a regulamentación e a modificación das medidas paterno-filiais (atribución do uso e gozo da vivenda familiar, pensión de alimentos para os/as fillos/as, pensión compensatoria, exercicio do dereito de visitas, etc).


Violencia doméstica e violencia de xénero: malos tratos psicolóxicos e/ou físicos, violacións, abusos sexuais, acoso sexual e/ou moral no traballo, incluídos os novos medios para cometer abusos, como Internet. Redacción e presentación de ordes de protección e outras medidas penais, civís e de asistencia e protección social.


Dereito laboral: contratos, despedimentos, discriminación laboral e/ou salarial, licenzas (por maternidade, por coidado de fillos/as menores....).
Estranxeiría: autorizacións de residencia, nacionalidade, homologación e validación de estudos de sistemas educativos estranxeiros aos seus equivalentes españois.


Outros trámites: solicitude de xustiza gratuíta, redacción de informes para organismos públicos, acceso ao servizo de teleasistencia móbil para vítimas de malos tratos, cando procede, seguimento dos casos expostos polas usuarias do servizo (contactos cos Colexios de Avogados, cos/as Letrados/as das usuarias, coa Policía Local, Nacional e Garda Civil, Fiscalía, Xulgados, etc).

Características e tipo de atención: entrevistas directas e persoais. Unha vez definida a problemática concreta, valórase a necesidade ou non de realizar actuacións (redacción de denuncias, recursos, derivacións a outros servizos…). Queda excluída do ámbito de actuación a tramitación directa dos asuntos xudiciais.

Presenza da técnica, os martes e xoves, respectivamente, nos Concellos de Láncara, Paradela, O Páramo e Samos.

  • Martes: concellos de Paradela (9:00 - 11:30 h) e O Páramo (12:00-15:00 h)
  • Xoves: concellos de Láncara (9:00-11:30 h) e Samos (12:00-14:30 h)

 

Psicolóxica

Servizo de atención e orientación psicolóxica para mulleres que se atopan en crises relacionadas con vivencias de discriminación por cuestións de xénero, tales como violencia masculina, sentimentos de abandono afectivo da parella, readaptación familiar tras unha ruptura, discriminación laboral, acoso ou abusos sexuais, etc.

Características e tipo de atención: entrevistas directas e persoais de orientación e diagnóstico para definir as alternativas posibles ante a problemática concreta de cada muller.

Outras actuacións: apoio psicolóxico grupal, organización de talleres, programas de coeducación nos centros escolares da comarca, campañas de sensibilización (8 de marzo, día da muller; 28 de maio, día internacional da acción en prol da saúde da muller; 25 de novembro, día internacional da violencia contra ás mulleres; decembro, campaña do xogo non sexista.

 

Laboral

Dende o ano 2007, o CIM é centro colaborador da Consellería de Traballo, e dispón dun área específica de información, orientación e prospección de emprego. O permanente cambio, froito das evolucións sociais, tecnolóxicas e organizativas, comporta unha dificultade engadida para as persoas que buscan un emprego e a miúdo fanse necesarios procesos de orientación e asesoramento especializados. A elaboración do currículo, dunha carta de presentación e a definición do perfil profesional son factores determinantes cos que podemos contribuír a mellorar as oportunidades de empregabilidade das nosas usuarias. Permitirlles coñecer todos aqueles aspectos que lles axuden a realizar unha procura activa de emprego con eficacia; facilitarlles unha orientación individualizada, e todas aquelas actuacións e medidas de información, acompañamento, motivación e asesoramento que, tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais da persoa beneficiaria, determinen as súas capacidades e intereses e xestionen a súa traxectoria individual de aprendizaxe, a busca de emprego por conta allea ou a posta en práctica de iniciativas empresariais.

Elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas das persoas demandantes de emprego mediante entrevistas personalizadas, para poderen encontrar ou manter un emprego ou accederen a un novo.
A información sobre o mercado de traballo e os incentivos e medios dispoñibles para o fomento da contratación e o apoio ás iniciativas emprendedoras.
O deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego.
Os contactos coas empresas para difundir información sobre as súas iniciativas realizando, así mesmo, unha prospección das súas necesidades e o casamento entre as ofertas e demandas de emprego.

Consultamos diariamente as ofertas de emprego privado e público. Tamén contamos cunha bolsa de emprego propia. Na nosa base de datos podedes incluír o voso currículo ou, en caso de ser unha empresa, a vosa oferta de emprego. Desde este departamento, co apoio da dirección do servizo, se planifican as accións formativas a acometer de acordo coas necesidades do mercado que se detectan, e proporciónase un asesoramento personalizado a todas aquelas persoas que teñen unha idea de negocio.

 

 

Principios de actuación

Principios de actuación:

 

1O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.

2O respecto á súa vontade na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas que formulan.

3A gratuidade de todos os servizos de conformidade coa vocación de servizo público.

4A observancia do principio de confidencialidade por parte de todo o cadro de persoal do Centro, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Funcións

Funcións e servizos:

  • Asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade
  • Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outras actividades que se adecúen ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Subcategorías

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language