Co motivo da celebración do Corpus Christi, o próximo 15 de xuño, as alfombristas sarriás comezaron a traballar na preparación do material.
Se queredes participar, achegádevos a partir das 17:00 horas pola capela do Perpetuo Socorro ou á galería no baixo de Vila Andrea, na praza da Vila.
Ali os esperamos.
Toda a axuda é necesaria.
Animádevos!
San Isidro 2025 chega na súa XXXV Edición cheo de experiencias para todos.
A Mostra Agrogandeira, corazón desta festividade é un escaparate onde os nosos agricultores e gandeiros exhiben o mellor da nosa terra e das nosas tradicións coa súa dedicación incansable.
Desde o imponente gando ata as mais exquisitas colleitas, aquí atopamos a esencia mesma da nosa comunidade.
San Isidro 2025 terá concursos, música, puxas e desfiles dos mellores exemplares, mostra de tractores e maquinaria agrícola e, por suposto, gastronomía
Como colofón, un premio nun sorteo por partida doble.
Esperámosvos!
O próximo 28 de abril e ata o 28 de maio a Antiga Prisión Preventiva acollerá unha nova exposición de pintura da autora sarriá Mercedes Freixo, Pompe.
A exposición, que leva o título de "Estados emocionales" supón a volta da pintora aos espazos públicos despois dun tempo desaparecida das salas.
Nas súas propias palabras "Así es como pinto. El acto de pintar ha sido la forma en la que me he expresado toda mi vida".
Non a perdades.
Select your language