Servizo de Atención Temperá
O Servizo de Atención Temperá -SAT- da Agrupación de Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio foi posto en marcha en xullo do ano 2021. O seu obxectivo principal é:
- Atender á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos, ou situacións de vulnerabilidade, no desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social. (Decreto 183/2013, p. 7)
Trátase dun servizo completamente gratuito xa que a Agrupación de Concellos resultou ser beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá, neste intre, para os períodos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
Contacto Servizo de Atención Temperá