A Aula de Música Tradicional da AC Peleriños e a do concello de O Incio inician os Cantos de Taberna Pequenos, nos que os protagonistas serán as nenas e os nenos. Percorrerán as tabernas do Paseo do Malecón tras unha ruada na Praza da Constitución, diante do Concello.
Como cada primeiro sábado de mes, o Mercadillo Quilate de antigüidades, coleccionismo e obxectos curiosos celébrase na Rúa do Porvir, rúa dos Anticuarios, de 10:00 a 19:00 horas.
Presentación do libro gañador do XXI Fiz Vergara Vilariño pola autora, Lupe Gómez, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello, a presidenta de Ergueitas, María Casar, e a concelleira de Cultura, Reyes Abella.