O venres 5 de xaneiro desde as 18:00 horas os Reis Magos percorrerán as rúas de Sarria na tradicional Cabalgata, que sairá da Feculeira e rematará na Praza da Vila, onde as súas maxestades recibirán as nosas peticións e cartas.
Como novidade deste ano, e en consideración ás persoas con hipersensibilidade acústica, o son será moderado entre os cruces da Avenida de Portomarín e a rúa Pedro Saco da Rúa da Liberdade.
Todos/as aqueles/as que queiran acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar como paxes poden poñerse en contacto coa área de Cultura do concello mediante mail a
Do percorrido dos Reis Magos polas parroquias sarriás informaremos en breve.
Select your language