
Aviso Amarelo por tormentas
Abril 2, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 107/71GAL emitido ás 18:56 h do día 01/04/2025, dun fenómeno metereolóxico adverso por TORMENTAS que afectarán as provincias de A CORUÑA (NOROESTE E INTERIOR) e de LUGO (A MARIÑA, CENTRO E MONTAÑA). Prevese que o fenómento meteorolóxico adverso de comezo a primeira hora da tarde de mañá mércores 02/04/2025 e prolongándose ata primeiras horas...
Read more
IX Estremonía Cantada
Marzo 17, 2025
Voltan os cantos de taberna a Sarria, e un ano máis virán de toda Galicia a ofrecer en Sarria música e festa. Será o 29 de marzo e nas rutas e tabernas que figuran nestes carteis: Se alguén quere acudir á cea que terá lugar en La Unión ao acabar a xornada, podedes comprar a entrada na mesma Unión ou chamando ao 649 208 459. Animádevos!
Read more
Dia da Poesía Eduardo Rey Moure. A auga.
Marzo 17, 2025
Se o tempo o permite o Dia Eduardo Rey Moure celebrarase o vindeiro 21 de marzo na Praza da Vila. Baixo a temática da Auga como esencia da vida, os centros educativos da comarca de Sarria reuniranse un ano mais para ensalzar a poesía e lembrar a Eduardo, impulsor, creador e iniciador deste fermoso día. Manterémosvos informados.
Read more