
III Concentración de vehículos clásicos "Vila de Sarria". 4 de xuño 2023.
O clube Clásicos Sarria espéranos a todos o 4 de xuño na III Concentración de vehículos clásicos "Vila de Sarria".
O clube Clásicos Sarria espéranos a todos o 4 de xuño na III Concentración de vehículos clásicos "Vila de Sarria".
O clube Clásicos Sarria espéranos a todos o 4 de xuño na III Concentración de vehículos clásicos "Vila de Sarria".
Os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño de 2023 Sarria acollerá as XVI xornadas xurídicas Román García Varela na Casa da Cultura.
Un ano máis, baixo a dirección de Carlos Lema Devesa e Román García-Varela Iglesias, organizadas polo Concello de Sarria coa participación do CGPJ, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, UNED e Foro Xurídico Diego Pazos, Sarria contará coa presenza de xuristas e axentes xurídicos e sociais de reconocido prestixio.
O 3 de Xuño de 2023, de 12:00 a 21:00 horas a Praza de Santa Mariña acollerá a segunda edición do Mercadiño Solidario da ONG sarriá Hospitaleros sin Fronteras.
Haberá actividades para os peques, mercadiño de artesanía senegalesa e de segunda man, gastronomía senegalesa e moita música:
* Sesión vermú con Nowelin
* Concerto de Abraham Cupeiro, "Resoando no pasado" na Igrexa de Santa Mariña ás 17:30h. Xa podedes adquirir as vosas entradas nos puntos de venda. (Sarria: Adarve, Casino e Saludx10; Monforte: Escola de música e Awa; Lugo: La voz de la verdad e Inmobiliaria Predio).
* Concerto de TanDuB ás 19:30 na praza, de balde.
Esperámosvos a tod@s!
O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitas convocan a 23 edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
O prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xuño de 2023.
Animamos á participación, porque a cultura é o mellor refuxio que podemos atopar e a poesía un berce que anaina as incertezas.
O Esmorga Fest volve esta fin de semana a Sarria. O Concello convídavos a todos a gozar dun dos festivais de música independente e underground mais importantes do país, este ano coa novidade do Esmorguiña Fest, zona infantil con obradoiros e xogos musicais para os peques: será o sábado, en La Unión, nas actividades de balde patrocinadas polo Concello.
Select your language