![Matria](/images/novas/2023/Carteles%20completos/maxresdefault.jpg#joomlaImage://local-images/novas/2023/Carteles completos/maxresdefault.jpg?width=1280&height=720)
MATRIA. Cine de estrea na Casa da Cultura.
Matria conta a historia de Ramona, unha muller galega que vive sumida na tensión e a incerteza, laboral e persoal ata que atopa a Xosé, co que constrúe unha amizade que lle leva a pensar que a vida quizais lle aporte algo novo, unha ilusión. A actriz protagonista, María Vázquez, gañou o premio á mellor actriz no Festival de Málaga. Santi Prego, outro dos actores, estivo en Sarria en 2021 na primeira edición do Narra Sarria.