Sarria

Actualidade

AVENTURA NO CAMIÑO. Actividades deportivas e de ocio Verán 2023.

Aventura no Camiño está de volta: un campamento deportivo e de ocio onde a rapazada de 6 a 16 anos practicarán todo tipo de deportes, tamén acuáticos, percorrerán tramos do Camiño de Santiago, xogarán, e este, ano, como novidade, poderán coñecer de cerca a Aula Cemit de Sarria e os drons e impresoras en 3D que acaban de chegar.

 

Presentación do libro gañador do XXII Fiz Vergara Vilariño.

O próximo 21 de xuño, na Casa da Caultura, ás 19:30 horas, presentarase o libro gañador do XXII Fiz Vergara Vilariño.

 

Antón Lopo, autor de Diarios/1 Azul Monforte, estará acompañado por Xosé Luis Mosquera Camba, Miguel Anxo Fernán-Vello, María Casar, e o responsable da Área de Cultura do Concello de Sarria.

Torneo Os Meigallos. 17-18 Xuño 2023.

Equipos de Ribeira, Monforte, Guitiriz, Lugo, Burela e A Coruña, competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil de fútbol sala no Torneo Os Meigallos, organizado polo noso clube sarriao.

Durante dous días os amantes deste deporte poderán ver partidos nos pavillóns municipais sarriaos.

Tedes toda a info neste documento.

Concerto de Os Petapouco, grupo de percusión da ESMUSA.

Chega o final do curso tamén para a Escola Municipal de Música de Sarria e profes e alumnos celébrano con música: o próximo 19 de xuño o grupo de percursión Os Petapouco, ás 19:00 horas e o día 22, ás 20:00 horas Os Clarisaxos, ofrecerán sendos concertos no Paseo do Malecón.

Orgullo de escola, de alumnos e de mestres! 

San Xoán 2023.

 

As Festas Patronais de Sarria están de volta. Do 23 ó 27 de xuño música e actividades para todas as idades  inundarán a vila de ledicia. 

 

O programa completo podedes atopalo onde todos os anos.

 

Feliz San Xoán!

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language