Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Como cada 25 de novembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde o Concello de Sarria facémonos eco da declaración institucional consensuada no seo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e sumámonos ás súas reivindicacións.