Sarria

Actualidade

DHU Vila de Sarria. 28, 29 e 30 de xullo.

A X edición do DHU Vila de Sarria celebrarase os días 28, 29 e 30 de xullo.

O 28 de xullo apertura con Grison BeatBox. O guitarrista do programa La Resistencia ofrecerá de balde o seu espectáculo .

O día 29 gozaremos do Mini DHU de dos adestramentos  DHU e  o 30, a carreira

Danza no Camiño Sarria. 19 de xullo. Praza da Vila.

O Certame Internacional de Coreografía Burgos & Nova York é, desde a súa creación en 2002, unha plataforma de proxección para a danza e as novas linguaxes do movemento.
Cada ano, acolle a coreógrafos e coreógrafas de todo o mundo e desenvolve un amplo programa de actividades comunitarias que aproximan a creación ao territorio e os públicos.

Ultreia et Suseia 2023. Narrativa oral e Recuncho da Comedia.

Ultreia et Suseia celebrarase en Sarria entre o 16 de xullo e o 23 de agosto de 2023 cunha variada programación para todos os públicos e gustos.

 Como podedes ver este ano as "camiñografías", paseos teatralziados pola historia de Sarria, serán dúas (17 e 24 de xullo) e teremos narración oral para adultos e para nenos en La Unión e no parque de O Chanto respectivamente, e un espectáculo para adolescentes dos coñecidos tik-tokers Pepe e Lucas na Casa da Cultura.

As actividades de pago serán o Recuncho da Comedia, con Danny-Boy Rivera, David Amor e Pablo Meixe, e os monólogos de Touriñán e Luis Piedrahita, todos eles no Meigallo.

Deixámosvos os carteis da programación de narrativa oral e de comedia.

XII Bienal de Sarria. Salón Internacional de arte.

O próximo 12 de xullo, ás 19:00 horas, inauguraremos na Antiga Prisión Preventiva a A Bienal de Sarria, que volve tras catro anos de ausencia por mor da pandemia. Este ano contará coa colaboración de 134 artistas de 25 nacionalidades.

Ademáis, teremos o privilexio de inaugurar tamén, de xeito oficial, a Sala Permanente José Díaz Fuentes, coa exposición "A árbore interior", na que todos podemos disfrutar das obras do autor sarriao.

O horario de visitas será de 11:00 a 17:00 horas.

Matrículas Escola Municipal de Música de Sarria curso 2023-2024.

Desde o día 3 de xullo podedes acudir á Escola Municipal de Música de Sarria para a matrícula do curso 2023-2024.

Ao igual que en anos anteriores as solicitudes presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na rúa Pedro Saco en horario de 10:00 a 14:00 horas e nas seguintes datas:

1. Alumnos da Escola con reserva de praza (matrícula de conƟnuidad): do 3 ao 6 de xullo, ambos inclusive.

2. Alumnos matriculados durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente): do 10 ao 13 de xullo, ambos inclusive. Será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno sexa 2017 ou anterior.

3. Alumnos de novo ingreso (nova matrícula): do 17 de ao 20 de xullo, ambos inclusive.

 

O sorteo das prazas para alumnos de matrícula preferente celebararase o venres 21 ás 12:00 na propia Escola de Música

 

Todos os modelos de matrícula aquí.

Exposición "A Beleza simétrica na comarca de Sarria". IES Gregorio Fernández. Antiga Prisión Preventiva.

Ata o día 1 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, podedes ver na antiga Prisión Preventiva unha fermosa exposición elaborada por alumnos do IES Gregorio Fernández de Sarria.

 Fotografías, maquetas, trípticos, acuarelas, video-documentario e textos que recollen as memorias de veciños e veciñas da Comarca de Sarria. A historia do barqueiro de Santa Marta do Loio, do Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, da Igresa trasladada de Santa María de Ferreiros, a da cadea da igrexa de San Fiz de Hospital de O Incio...

Todo elo nunca exposición a través da que o alumnado difunde o traballo feito ao longo desde curso académico 2022-2023 da man de diversos departamentos do centro.

Noraboa, rapaces, e moitas grazas!

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language