A mostra "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse ata o día 31
A exposición "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse deste este xoves ata o día 31 de agosto, en horario de 11.00 a 17.00 horas, na Oficina de Turismo (Antiga Prisión Preventiva).
A exposición "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse deste este xoves ata o día 31 de agosto, en horario de 11.00 a 17.00 horas, na Oficina de Turismo (Antiga Prisión Preventiva).
O XVIII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria "Maxia no Camiño" programa desde hoxe ata o domingo as actuacións de 20 magos e magas de renome nacional e internacional en múltiples localizacións da nosa vila. No cartel que acompaña esta publicación podedes atopar os horarios e lugares de cada show.
O Mago Antón ofrecerá este vindeiro domingo, día 13 de agosto, varias funcións do seu espectáculo "Mil maxias máis" na Praza da Vila. A entrada é de balde, por orde de chegada ata completar o aforo.
Representantes do Concello de Sarria, da Deputación de Lugo, da asociación cultural Meigas e Trasgos e do Meigallo presentaron oficialmente esta tarde a programación da nova edición da Noite Meiga, que inclúe un total de once actividades na fin de semana do 25 ao 27 de agosto.
Dentro do campamento de verán "Aventura no Camiño 2023", o Concello de Sarria acollerá o vindeiro venres, día 11 de agosto, a primeira "Pretorian Race Kids", unha carreira de obstáculos para nenos e nenas que se celebrará no campo de rugbi do Chanto entre as 10.00 e as 14.00 horas.
Tras o aprazamento a semana pasada da función inaugural, mañá arrancan os "Mércores escénicos" de Sarria coa representación da obra de títeres "A galiña dos ovos de ouro", a cargo da compañía APP Creacións, a partir das 20.00 horas no Paseo do Malecón.
Select your language