
Acción Cultural dinamizará o mes de agosto cos "Mércores Escénicos"
A Concellaría de Acción Cultural dinamizará os primeiros catro mércores do mes de agosto co programa "Mércores Escénicos", que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e que incluirá actividades de danza, circo, teatro e títeres.