Sarria

Centro de Información á Muller

Centro municipal de carácter permanente acreditado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero: asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que, de forma individualizada ou colectiva, a soliciten.

Funcións e servizos:

  • Asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade
  • Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outras actividades que se adecúen ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma