A mostra "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse ata o día 31
A exposición "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse deste este xoves ata o día 31 de agosto, en horario de 11.00 a 17.00 horas, na Oficina de Turismo (Antiga Prisión Preventiva).
A exposición "Os Camiños de Elías Valiña" pode visitarse deste este xoves ata o día 31 de agosto, en horario de 11.00 a 17.00 horas, na Oficina de Turismo (Antiga Prisión Preventiva).
O XVIII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria "Maxia no Camiño" programa desde hoxe ata o domingo as actuacións de 20 magos e magas de renome nacional e internacional en múltiples localizacións da nosa vila. No cartel que acompaña esta publicación podedes atopar os horarios e lugares de cada show.
O Mago Antón ofrecerá este vindeiro domingo, día 13 de agosto, varias funcións do seu espectáculo "Mil maxias máis" na Praza da Vila. A entrada é de balde, por orde de chegada ata completar o aforo.
Tras o aprazamento a semana pasada da función inaugural, mañá arrancan os "Mércores escénicos" de Sarria coa representación da obra de títeres "A galiña dos ovos de ouro", a cargo da compañía APP Creacións, a partir das 20.00 horas no Paseo do Malecón.
A banda murciana de indie-rock "Second" encabeza o cartel da quinta edición do Verbena Fest, que se celebrará o venres 4 e o sábado 5 de agosto na terraza O Meigallo de Sarria.
Os próximos 26 e 27 de xullo rapaces e rapazas de entre 6 e 13 anos poderán introducirse no mundo da arte desde a diversión. Para elo deberán inscribirse gratis mediante correo electrónico a
Select your language