Sarria

Actualidade

Acción Cultural dinamizará o mes de agosto cos "Mércores Escénicos"

A Concellaría de Acción Cultural dinamizará os primeiros catro mércores do mes de agosto co programa "Mércores Escénicos", que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e que incluirá actividades de danza, circo, teatro e títeres.

Sarria Blues no Camiño 2023.

Nos primeiros días de agosto Sarria será o escenario de grandes artistas. Chegan Sarria Blues no Camiño e Verbena Fest!

Os clubs deportivos xa poden solicitar as instalacións municipais

A Concellaría de Deportes de Sarria acaba de abrir o prazo para que os clubs poidan solicitar a utilización das instalacións deportivas municipais para a tempada 2023/24 coa finalidade de poder organizar e coordinar un calendario común con suficiente antelación.

265 participantes no DHU Vila de Sarria

A décima edición do Descenso Urbano (DHU) Vila de Sarria, que congregará a un total de 265 participantes entre maiores e nenos/as, inicia mañá a programación de actividades coa apertura ás 20.00 horas dunha zona gastronómica na denominada Zona Podium -no cruce da avenida, na confluencia das rúas Matías López e Diego Pazos- e con tres actuacións musicais nese mesmo lugar: o show de Grison Beatbox (21.30 horas), o concerto de Thom Archi (23.00 horas) e a música electrónica do dj Sutan (00.30 horas).

Obradoiro de Creación Plástica. Nenas e nenos de 6 a 13 anos.

Os próximos 26 e 27 de xullo rapaces e rapazas de entre 6 e 13 anos poderán introducirse no mundo da arte desde a diversión. Para elo deberán inscribirse gratis mediante correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., antes do 24 de xullo e asi participar nos cursos que impartirá a artista Mina Vrillet.

DHU Vila de Sarria. 28, 29 e 30 de xullo.

A X edición do DHU Vila de Sarria celebrarase os días 28, 29 e 30 de xullo.

O 28 de xullo apertura con Grison BeatBox. O guitarrista do programa La Resistencia ofrecerá de balde o seu espectáculo .

O día 29 gozaremos do Mini DHU de dos adestramentos  DHU e  o 30, a carreira

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma