Sarria

Actualidade

Sarria entra na "Red Sororidad" para darlle visibilidade ás mulleres do Camiño

As veciñas de Sarria con negocios vinculados ao Camiño Francés -produtoras, artesás, propietarias de aloxamentos e restaurantes, promotoras de proxectos culturais, etc.- poden sumarse á “Red Sororidad” para reforzar a súa visibilidade e favorecer novos contactos comerciais coas peregrinas que realizan esta ruta.

Aberto o prazo para apuntarse ao Club de Lectura

A Concellaría de Acción Cultural, que dirixe César No, informa do próximo retorno do Club de Lectura para todas as idades, polo que todos aqueles interesados/as en apuntarse deben enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos e a súa idade ao seguinte enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

700 deportistas participarán o domingo na Pretorian Race Sarria Xtreme

Sarria acollerá o vindeiro domingo, día 15 de outubro, a terceira edición da Pretorian Race Sarria Xtreme, proba de superación física e habilidade que reunirá a máis de 700 participantes que competirán por superar os máis de 35 obstáculos naturais e artificiais distribuídos nun percorrido de sete quilómetros.

Condena unánime da Corporación ante o caso de agresión sexual

Ante as novas difundidas sobre unha agresión sexual a unha muller rexistrada nun pub de Sarria a finais do pasado mes de setembro, e tras constatar coas forzas e corpos de seguridade a existencia da correspondente denuncia e a detención de tres varóns relacionados con eses feitos, desde a Corporación Municipal de Sarria expresamos de xeito unánime a nosa solidariedade coa vítima e a nosa enérxica repulsa e condena ante calquera manifestación de violencia machista, ao tempo que solicitamos que se diriman canto antes as responsabilidades penais que poidan derivarse.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma