Sarria

Actualidade

Xornada demostrativa sobre ciberseguridade e seguridade industrial

A Oficina Acelera Pyme Asime Lugo organiza este xoves no Hotel Restaurante Roma, de 10.00 a 12.30 horas, unha xornada demostrativa sobre ciberseguridade e seguridade industrial dirixida a pemes, autónomos e emprendedores, así como a calquera outra persoa interesada.

O estadio da Ribela acolle o mércores unha exhibición da Garda Civil

O estadio municipal da Ribela acollerá este mércores de 10.30 a 12.30 horas unha exhibición dos recursos e o funcionamento de diferentes unidades da Comandancia da Garda Civil de Lugo, entre as que se atopan, por exemplo, o helicóptero do Servizo Aéreo, a unidade de drones, o grupo de montaña ou a unidade canina.

Casa da Cultura

Modernización do equipamento do auditorio da Casa da Cultura

Efectuada adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local do Concello de Sarria, en sesión celebrada en data 06/09/2023, do contrato mixto de “SUBMINISTRO CORRESPONDENTE Á MODERNIZACIÓN DO EQUIPAMENTO DO AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SARRIA”,

Comezan as obras de mellora viaria no Polígono do Morelle

O Concello de Sarria comezou hoxe os traballos de mellora do pavimento do vial circular do Polígono do Morelle, que suporán un investimento de 121.000 euros  e que serán sufragados cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma