
Marzo en morado. Semana da Muller.
Durante o mes de marzo, dedicado á muller, destacamos a semana do 8, día Internacional da Muller, con todas as actividades que podedes ver no cartel.
Durante o mes de marzo, dedicado á muller, destacamos a semana do 8, día Internacional da Muller, con todas as actividades que podedes ver no cartel.
O programa "Educando sen Fronteiras" promovido pola concelleira delegada das áreas de Políticas Sociais e Igualdade do Concello de Sarria contará cun educador social ao obter unha subvención ao amparo das convocatorias para entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola UNión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
O mes de marzo chega cargadiño de actividade para todos os gustos: exposicións de fotografía na Casa da Cultura (EXpocuir) e na antiga Prisión Preventiva (Anhelos).
Teatro: "María Pita. Conversas cunha heroína"(día 2); "Boa sorte, mala fama" (día 24) e "Valente e rebelde" (día 26).
Debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables, o desfile previsto para este domingo 25 queda aprazado.
Queremos que este evento tan especial se leve a cabo baixo o mellor ambiente, cheo de alegría e sen contratempos.
Pronto anunciaremos a nova data para que todos e todas disfrutemos do espectáculo e podamos apreciar o duro traballo dos participantes.
Aberto o prazo para participar en Vivas e Iguais, VII Carreira da Muller do Concello de Sarria.
Debido á previsión meteorolóxica adversa que impediría un correcto desenvolvemento do desfile de entroido, aprazamos a data para o próximo 25 de febreiro.
Seleccione su idioma