Sarria

Actualidade

VIII Torneo Memorial Pedro Canoa de fútbol

Organizado pola SD Sarriana e o Concello de Sarria, os días 2, 3 e 4 de xuño celebrarase no Estadio de A Ribela o VIII Torneo Memorial Pedro Canoa de fútbol.

Nos documentos adxuntos tedes toda a info.

XVI Jornadas jurídicas Román García Varela de Sarria. Los retos del Estado de Derecho en el siglo XXI.

Os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño de 2023 Sarria acollerá as XVI xornadas xurídicas Román García Varela na Casa da Cultura.

Un ano máis, baixo a dirección de Carlos Lema Devesa e Román García-Varela Iglesias, organizadas polo Concello de Sarria coa participación do CGPJ, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, UNED e Foro Xurídico Diego Pazos, Sarria contará coa presenza de xuristas e axentes xurídicos e sociais de reconocido prestixio.

Hospitaleros sin Fronteras. Mercadiño Solidario. Segunda Edición.

O 3 de Xuño de 2023, de 12:00 a 21:00 horas a Praza de Santa Mariña acollerá a segunda edición do Mercadiño Solidario da ONG sarriá Hospitaleros sin Fronteras.

 

Haberá actividades para os peques, mercadiño de artesanía senegalesa e de segunda man, gastronomía senegalesa e moita música: 

* Sesión vermú con Nowelin
* Concerto de Abraham Cupeiro,  "Resoando no pasado" na Igrexa de Santa Mariña ás 17:30h. Xa podedes adquirir as vosas entradas nos puntos de venda. (Sarria: Adarve, Casino e Saludx10;  Monforte: Escola de música e Awa; Lugo: La voz de la verdad e Inmobiliaria Predio).
* Concerto de TanDuB ás 19:30 na praza, de balde.

 

Esperámosvos a tod@s!

 

XXIII PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO.

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitas convocan a 23 edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.

 

 

O prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xuño de 2023.

 

 

 

Animamos á participación, porque a cultura é o mellor refuxio que podemos atopar e a poesía un berce que anaina as incertezas.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma