Sarria

Actualidade

25 anos con Lois Pereiro

Este pasado luns fixo 25 anos do pasamento do poeta Lois Pereiro, que,  hai tamén dez anos, foi homenaxeado no día das Letras Galegas. Coincidindo con  estas  datas  o  Ateneo  Casino  de  Monforte  organizou  varios  actos.

Inauguración Rúa Xela Arias

Dende 1957, por suxestión impositiva, Sarria tiña unha rúa adicada ao fascista José Antonio Primo de Rivera. O Concello de Sarria decidiu cambiar o nome desta rúa e adicarlla á poeta Xela Arias; e, o día 2 de maio de 2021, fíxose unha homenaxe no xardín da Capela de San Lázaro, o carón do mural coa súa imaxe, obra do artista Mon Devane.

Exposición itinerante: De Amor e de Amigo. as cantigas de Martín de Pradozelos

Exposición didáctica Itinerante, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago e patrocinada pola Xunta de Galicia a través do Programa O Teu Xacobeo, na que se recollen as cantigas do trobador Martín de Pradozelos (finais do século XI - principios do XII). Nove son de amigo e unha é de amor.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma