Sarria

Actualidade

Matria

MATRIA. Cine de estrea na Casa da Cultura.

Matria conta a historia de Ramona, unha muller galega que vive sumida na tensión e a incerteza, laboral e persoal ata que atopa a Xosé, co que constrúe unha amizade que lle leva a pensar que a vida quizais lle aporte algo novo, unha ilusión. A actriz protagonista, María Vázquez, gañou o premio á mellor actriz no Festival de Málaga. Santi Prego, outro dos actores, estivo en Sarria en 2021 na primeira edición do Narra Sarria.

1ª Edición dos Cantos Pequenos de Taberna.

Despois do éxito da VII edición dos Cantos de Taberna celebrada o pasado sábado, o día 1 de abril é o turno dos cantantes pequen@s.

A Aula de música tradcional da AC Peleriños e a do Concello de O Incio estrenan os "Cantos Pequenos de Taberna" cun pasacalles desde a Praza de Constitución e percorrendo as tabernas do Paseo do Malecón. 

Semana Santa 2023. Casa da Cultura

Con motivo das vacacións de Semana Santa, celebraremos un campamento na Casa da Cultura para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Haberá actividades moi variadas e en función das idades.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma