Sarria

Actualidade

Centro Deportivo e Saúde Sarria

O Centro Deportivo e de Saúde de Sarria, sito na rúa Ánxel Fole, s/n, dotado de piscinas climatizadas, sala fitness e salas para diversas actividades deportivas, permite facer deporte a toda a familia.

Aprobada a demolición dun bloque de 48 vivendas na rúa Calexa

A Xunta de Goberno Local de Sarria acordou hoxe conceder licenza de obra á sociedade Inversiones Inmobiliarias Canvives S.A.U. para a demolición dun bloque inacabado de 48 vivendas, con sete alturas e 20 metros de fondo, na rúa Calexa, afectada polo Ben de Interese Cultural (BIC) do Camiño Francés.

exposición fotográfica viaxe polo mundo da máscara

Exposición fotográfica: Viaxe polo Mundo da Máscara

Antiga Prisión Preventiva.Oficina Municipal de Turismo do Concello de Sarria.


Do 24 de febreiro ao 24 de marzo de 2023. De luns a venres, de 9:15h a 14:00h


(outros horarios consultar nos teléfonos 982 530 668 ou 982 535 000).

 

Sarria celebrará o sábado o Día da Xuventude na zona recreativa do Chanto

A zona recreativa do Chanto acollerá o vindeiro sábado, día 11 de febreiro, a celebración do Día da Xuventude organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia coa colaboración das concellarías de Xuventude e Cultura de Sarria e que incluirá preto dunha vintena de actividades e obradoiros de educación non formal dirixidos á mocidade.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma