Mercadillo Mensual Quilate.
Como cada primeiro sábado de mes, o Mercadillo Quilate de antigüidades, coleccionismo e obxectos curiosos celebrarase na Rúa do Porvir, rúa dos anticuarios, de 10:00 a 19:00 horas.
Como cada primeiro sábado de mes, o Mercadillo Quilate de antigüidades, coleccionismo e obxectos curiosos celebrarase na Rúa do Porvir, rúa dos anticuarios, de 10:00 a 19:00 horas.
Ars Combinatoria Orquestra e Coro, dirixida polo sarriao Canco López, ofreceranos hoxe, 26 de marzo ás 18:00 no Mosteiro da Madalena, a Paixón segundo San Xoán, de J.S. Bach inaugurando asi a quinta tempada Música vs Espazos e as celebracións da Semana Santa sarriá.
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, visitou as obras de mellora con aglomerado en quente das rúas Barreiros, Cantalarrana e Sol, en Oural, que supoñen un investimento de 55.000 euros e que forman parte dun conxunto de proxectos de mellora da rede viaria con fondos propios e do Plan Único nos que o goberno local está a investir máis de 1,1 millóns de euros.
A Praza da Vila de Sarria acolleu esta mañá un multitudinario evento de celebración do Día da Poesía, que xuntou a máis de 700 alumnos/as da comarca para lembrar ao poeta da Terra Chá Manuel María.
VII Edición dos Cantos de Taberna, evento que tivo que suspenderse a causa da pandemia. O 25 e marzo os 16 grupos inscritos percorrerán bares, tascas e locais da Vila divertíndonos coa súa música e por riba de todo coas súas voces, como tradicionalmente.
O Centro Deportivo e de Saúde de Sarria, sito na rúa Ánxel Fole, s/n, dotado de piscinas climatizadas, sala fitness e salas para diversas actividades deportivas, permite facer deporte a toda a familia.
Seleccione su idioma