Sarria

Actualidade

Torneo Os Meigallos. 17-18 Xuño 2023.

Equipos de Ribeira, Monforte, Guitiriz, Lugo, Burela e A Coruña, competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil de fútbol sala no Torneo Os Meigallos, organizado polo noso clube sarriao.

Durante dous días os amantes deste deporte poderán ver partidos nos pavillóns municipais sarriaos.

Tedes toda a info neste documento.

Concerto de Os Petapouco, grupo de percusión da ESMUSA.

Chega o final do curso tamén para a Escola Municipal de Música de Sarria e profes e alumnos celébrano con música: o próximo 19 de xuño o grupo de percursión Os Petapouco, ás 19:00 horas e o día 22, ás 20:00 horas Os Clarisaxos, ofrecerán sendos concertos no Paseo do Malecón.

Orgullo de escola, de alumnos e de mestres! 

San Xoán 2023.

 

As Festas Patronais de Sarria están de volta. Do 23 ó 27 de xuño música e actividades para todas as idades  inundarán a vila de ledicia. 

 

O programa completo podedes atopalo onde todos os anos.

 

Feliz San Xoán!

Alfombras florais. Corpus 2023

Anímate e participa na elaboración das alfombras florais!.

Hai moitas formas de axudar.

Toda a info chamando ao 982 535000

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma